|
|
Concurso de viñetas pola igualdade real
Dende a Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.
O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro, e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización adicado este ano ao empoderamento das mulleres no medio rural.
O premio concederase á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día da Muller pretenda reflexionar e sensibilizar sobre:
Visibilización do rol das mulleres no medio rural. Reflexión sobre o traballo produtivo adicado en especial medida ás explotacións agro-gandeiras versus o traballo reprodutivo relativo ao coidado dos/as nenos/as, persoas maiores e/ou persoas dependentes.
Contribución das mulleres no medio rural ao desenvolvemento económico, social, cultural e ambiental, así como reflexionar sobre a achega das mulleres no rural á modernización e revitalización do medio rural incorporando boas prácticas responsables co ambiente e a creación de novas oportunidades económicas e sociais.
Estereotipos de xénero no desenvolvemento das profesións no rural. O traballo da muller no medio rural non pode entenderse como complemento do masculino.
Empoderamento, liderado, participación social das mulleres no medio rural
Importante labor como portadoras e transmisoras de coñecementos e valores.
Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos.
O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/03/08/2013_0000002833.html e péchase o 8 de abril de 2013.
Concurso de fotografía: Revélate e únete ao bo trato
Dende a área de servizos sociais e políticas de igualdade de xénero da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 25 de Novembro 2012 “Día contra a violencia de xénero”, un Concurso de fotografía “ Revélate e únete ao bo trato”. Esta actividade proponse co obxecto de promover unha actitude reflexiva, participativa e activa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero. O obxectivo é traballar defendendo os valores de igualdade, convivencia positiva entre sexos e loita contra a violencia de xénero fomentando actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes, que reflicten en relacións sas, baseadas na tolerancia, respecto e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
III Edición do concurso de viñetas "=TRABALLOS, PERSOAS≠"
Dende a Área de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña, convócase no marco das actividades da Conmemoración do 8 de Marzo 2012 “Día da muller”, por terceiro ano consecutivo a III EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “=TRABALLOS, PERSOAS¹”. O obxectivo é reflexionar, sensibilizar, e/ou propoñer accións positivas sobre a necesidade dun acceso en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes ao mercado de traballo, que rache cos estereotipos de xénero no desenvolvemento das profesións. Así como fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade como medidas imprescindibles para que as mulleres participen en igualdade de oportunidades da vida pública.
Concurso de deseño de logotipo "Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero 2011"
Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro do 2011, quere que a sociedade participe, e se implique de maneira activa e convoca un concurso de deseño dun logotipo ou composición gráfica/escrita como imaxe e símbolo identificativo para empregar nas actividades, publicacións e edición de materiais nesta área.
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas físicas ou xurídicas, profesionais ou afeccionados/as, maiores de idade e de calquera nacionalidade, individualmente ou en grupo, que presenten soamente unha obra ou composición inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego.
Outorgarase un premio único dotado con 2.500 ¤.
III Concurso de deseño de carteis e eslogans contra a violencia de xénero
A sensibilización da sociedade ante o problema da trata de mulleres con fins de explotación sexual, é en realidade unha manifestación máis da desigualdade na que se atopan algunhas mulleres, e constitúe unha clara expresión da violencia de xénero que precisa da colaboración de todas as persoas para pór fin a este mal que segue necesitando dun grande apoio institucional . Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega en torno a este tema, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro, quere que a sociedade participe, se implique de maneira activa por terceiro ano, e por este motivo convoca un concurso de carteis con eslogan para a súa difusión, no que todos e todas poidamos participar na prevención desta lacra social.
II Edición do concurso de viñetas "Concilias?"
Destinado a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que poderán presentar, individualmente ou en grupo, viñetas que resalten actitudes positivas sobre a importancia da promoción da corresponsabilidade nas tarefas do fogar, a igualdade de oportunidades ou a conciliación da vida laboral e familiar
|
Servicios Sociales
26/04/2013
Premiados da IV Edición do concurso
23/04/2013
Inicio del plazo de presentación de solicitudes de subvención del "Plan de financiación de servicios comunitarios básicos"
04/04/2013
A Deputación Provincial da Coruña, dende a Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, porá en marcha dende este sábado 6 de abril un circuito de actividades sobre voluntariado en cinco concellos da provincia da Coruña.
08/03/2013
Dende a Deputación da Coruña, convócase no marco das actividades da conmemoración do 8 de marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.
O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro, e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización dedicado este ano ao empoderamento das mulleres no medio rural.
08/02/2013
Publicación dos premiados
|