Servizos sociais

 PLAN DE CONVENIOS COS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS

O Plan de convenios de servizos sociais de atención primaria vénse desenvolvendo dende o ano 1996.

A súa continuidade durante o ano 2010 sostense na nova Lei 13/2008 do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, a cal pasa a denominar SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS (no seu artigo 8.a.) o que a anterior lei definía como SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA ,comprendendo as mesmas funcións.

O artigo 63 da nova lei asigna as seguintes competencias ás deputacións provinciais:

"As deputacións provinciais, de conformidade co disposto na normativa de réxime local, proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos na execución das súas competencias na materia de servizos sociais, especialmente na prestación dos servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos con menos de 20.000 habitantes".

Se ben o Plan de convenios de servizos sociais nas súas orixes se dirixiu cara aos concellos máis desfavorecidos, na actualidade abarca a todos os concellos da provincia da Coruña con menos de 20.000 habitantes, renovándose anualmente.  

O obxectivo desta cooperación consiste na axuda para as retribucións do persoal que se especifica, directamente adscrito aos seguintes programas: Programa de valoración, orientación e información, Servizo de educación e apoio familiar e Servizo de axuda no fogar básico.

Son obxecto de convenio, os seguinte módulos:

PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO

MÓDULOS

PERSOAL

Módulo I

Traballador/a social con xornada completa

Módulo II

Traballador /a social e/ou auxiliar administrativo/a 

 SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR

MÓDULOS

    PERSOAL

Módulo III

Educador/a familiar e/ou Técnico/a de intervención familiar

 SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR BÁSICO

MÓDULOS

PERSOAL

Módulo IV

Auxiliares de axuda no fogar

* O Módulo I só se asignou na primeira fase do plan de convenios a aqueles concellos nos que foi necesaria a contratación dun/dunha traballador/a social, xa que ata este momento unha soa persoa debía atender a máis dun concello. O obxectivo deste módulo era que cada concello puidese ter un posto con persoal especialista en traballo social en exclusiva.

* Este módulo  I é incompatible co financiamento do plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais en corporacións locais do Ministerio de Sanidade e Politica Social.

Ver relación

 

Servicios Sociales
26/04/2013
Premiados da IV Edición do concurso
23/04/2013
Inicio del plazo de presentación de solicitudes de subvención del "Plan de financiación de servicios comunitarios básicos"
04/04/2013
 A Deputación Provincial da Coruña, dende a Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, porá en marcha dende este sábado 6 de abril un circuito de actividades sobre voluntariado en cinco concellos da provincia da Coruña.
08/03/2013
 Dende a Deputación da Coruña, convócase no marco das actividades da conmemoración do 8 de marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN  DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.

O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro,  e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización dedicado este ano ao empoderamento das mulleres no medio rural.
 

08/02/2013
 Publicación dos premiados