Servizos sociais

ÁREA DE MAIORES

 

A Deputación da Coruña, traballa promovendo e apoiando diferentes actuacións preventivas e/ou de intervención social dirixidas ás persoas maiores da provincia da Coruña. Por iso anualmente convoca  unha subvención específica para programas ou proxectos de envellecemento activo dirixida a concellos da provincia da Coruña, asina convenios singulares con diferentes entidades e leva a cabo diferentes proxectos e actividades dende a Sección de Servizos Sociais.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS

A Deputación Provincial da Coruña ten dentro das súas competencias o apoio ós concellos e outras entidades locais da provincia así como ás entidades privadas sen ánimo de lucro. Por este motivo publica anualmente unha convocatoria de subvencións.

Para acceder á convocatoria de subvencións, prema aquí.

A continuación expóñense as actuacións levadas a cabo nos últimos anos: 

CONVENIOS

PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

A teleasistencia domiciliaria é unha prestación técnica dentro do servizo social de axuda a domicilio e apoio á unidade de convivencia, que permite a posibilidade de continuar vivindo no propio domicilio.

O IMSERSO, a FEMP, e a Deputación Provincial da Coruña, asinaron no ano 1998, un convenio de colaboración para desenvolver o programa de teleasistencia. 

O servizo ofertóuselles ás persoas usuarias a través dos concellos da provincia da Coruña, ao abeiro do convenio marco de colaboración que asinaran á súa vez o IMSERSO e a FEMP, con data do 20 de abril de 1993.

Consultar as características do Programa

ABOAMENTO DE ESTADÍAS EN RESIDENCIAS

A Deputación da Coruña  aboa estadías en residencias para persoas maiores da Provincia. O aboo destas estadias podían realizarse de duas formas, a petición da persoa interesada ou por petición da xerencia do Sanatorio Psisiquiátrico de Conxo, para solicitarla bastaba cunha instancia cumprimentada pala persoa interesada ou da Alcaldía do municipio de residencia que acreditase o empadroamento. Actualmente séguese financiando estadías ainda que non se dan altas novas, é un programa en extinción derivado das anteriores competencias da Deputación.

Na actualidade a competencia para a atención destas estadías recae na Comunidade Autónoma de Galicia, na Xunta de Galicia.

Relación de Centros

  • Asilo Ancianos da Coruña
  • Residencia de ancianos/as  "Garcia Hermanos" Betanzos
  • Residencia " Nuestra señora de las virtudes" Pontedeume
  • Residencia "San José" Narón
  • Residencia " San Marcos" Santiago de Compostela
  • Residencia de ancianos/as " Dolores Diaz de Davila" Ortigueira
  • Asilo ancianos/as Monforte Lugo
  • Centro Caritas Parroquial da Coruña

CESIÓN DE USO DE INSTALACIÓNS PROVINCIAIS PARA O CENTRO XERONTOLÓXICO "LA MILAGROSA"

A Deputación da Coruña acordou en 1998, mediante concurso público e prego de condicións, facer cesión do uso de parte das instalacións do antigo Colexio-fogar "A Milagrosa".

Dita cesión ten en conta os seguintes aspectos:

  • Esta actuación segue as políticas deseñadas no Plan xerontolóxico nacional, en concreto a política de fomento para a creación de servizos sociais destinados a persoas maiores enfermas e dependentes.
  • Así como as características demográficas da provincia. A provincia da Coruña presenta un elevado índice de envellecemento, que determina a necesidade de  ampliar a oferta de servizos socio-sanitarios para este sector de poboación.

Consultar as características do Programa

LIGAZÓNS

www.imsersomayores.csic.es

www.losmayores.com

www.demayores.com

www.mayormente.com

www.jubilo.es

www.ceoma.org

www.amigosdelosmayores.org

Servicios Sociales
26/04/2013
Premiados da IV Edición do concurso
23/04/2013
Inicio del plazo de presentación de solicitudes de subvención del "Plan de financiación de servicios comunitarios básicos"
04/04/2013
 A Deputación Provincial da Coruña, dende a Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, porá en marcha dende este sábado 6 de abril un circuito de actividades sobre voluntariado en cinco concellos da provincia da Coruña.
08/03/2013
 Dende a Deputación da Coruña, convócase no marco das actividades da conmemoración do 8 de marzo 2013 “Día da muller”, por cuarto ano consecutivo a IV EDICIÓN  DO CONCURSO DE VIÑETAS BAIXO O TÍTULO “POLA IGUALDADE REAL”.

O obxectivo é reflexionar sobre a importancia de visibilizar o papel da muller no medio rural, fomentar o seu empoderamento, liderado e participación social en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quérese xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro,  e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización dedicado este ano ao empoderamento das mulleres no medio rural.
 

08/02/2013
 Publicación dos premiados