ACTIVIDADES DOS CONCELLOS DA PROVINCIA EN MATERIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DURANTE 2010
Este é un espazo reservado para os Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da provincia, tanto se teñen blog ou páxina web propia como se non a teñen, sempre e cando queiran compartir as súas actividades cos demais. Todos/as aprenderemos xuntos/as. Serve, ademais, de canle de difusión das accións levadas a cabo nas distintas adminstracións, empresas...
Envíenos a información ao seguinte enderezo de correo electrónico, colgarémola o máis axiña posible: normalizacion.linguistica@dicoruna.es
- O 01 de abril deu comezo o 4º Concurso de monólogos en lingua galega Que me dis!! que organiza a Concellaría de Educación a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.
O concurso consiste na gravación en formato vídeo dun monólogo no que o tema e o ton son libres. O único requisito é que re realice en lingua galega e que non exceda dos dez minutos de duración.
Os premios que se poden gañar son:
1º premio: 300 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros
No seguinte enlace está toda a información sobre este concurso
http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concurso-monologos/
- O Concello de Narón pon en marcha a campaña Felicita o Nadal en galego! Nesta ligazón http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/nadal2012 está toda a información sobre a campaña, así como unha serie de postais para enviar por correo electrónico ou para descargar, e unha serie de mensaxes de felicitación.
- O Concello de Oroso organiza un CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL CON MENSAXE
- O SNL do Concello de Narón organiza cursos de formación en lingua galega. Estes cursos son: Lingua galega de calidade e A linguaxe administrativa. Toda a información sobre estes cursos pódese consultar na web do concello www.naron.es
Así mesmo, na web Do berce na rúa. Medra coa lingua subiron novos recursos lúdico-didácticos (xogos, contos,…) para os máis pequenos co fin de fomentar a transmisión interxeracional do galego. Máis información en http://www.concellodenaron.com/do_berce_a_rua/
- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Educación, organiza o 3º Concurso de monólogos en lingua galega Que me dis!!. Pódese ver toda a información aquí
http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concurso-monologos
- O Concello de Narón pon en marcha a campaña Felicita o Nadal en galego! co fin de promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía.
- O Concello de Oroso convoca por segundo ano consecutivo o concurso de postais de Nadal con mensaxe en galego. O xurado valorará non só a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, senón tamén o contido da mensaxe e a calidade do galego empregado. O concurso está aberto a todos os veciños e veciñas de Oroso que desexen participar. O Concello de Oroso establece catro categorías: de 4 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 13 anos e maiores de 14 anos. Os participantes poden escoller tanto a técnica como os materiais ou o formato da postal, sempre que non exceda dun 21 x 15 cm. PREMIO: un lote de libros
- O Concello de Zas colga na rede unha web de recursos lingüísticos para galeguizar a vida cotiá, Linguazas.
- O Concello de Narón organiza o II Concurso de monólogos en lingua galega Que me dis!! así mesmo, esta administración local tamén programa cursos de formación en lingua galega (NO COMERCIO, NA LINGUAXE ADMINISTRATIVA E SEXISMO NA LINGUAXE)
- O Concello de Oroso acolle a exposición "A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos" do 1 ao 15 de xuño, está exposición está patrocinada pola Deputación da Coruña.
- O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela organiza distintas actividades tendo como pano de fondo o día das Letras
- O SNL de Zas presenta o seu programa con motivo das Letras
- O SNL de Rois organiza distintas actividades con motivo das Letras Galegas 2011.
- O SNL do Concello de Narón organiza un ciclo de cine. As películas que se van proxectar son: Para que non me esquezas, O lapis do carpinteiro, O baile das ánimas, Sara, Trece badaladas, Sei quen es, Heroína, O xogo das mensaxes invisibles.
- O SNL do Concello de Oroso organiza o II Concurso de relatos breves. Bases.
- O SNL do Concello de Monfero organiza unha campaña de dinamización lingüística na hostalaría da súa contorna. Máis información aquí
- O SNL do Concello de Ames organiza o VIII Certame Literario. O prazo de remisión de traballos remata o 14 de abril de 2011.
- O SNL do Concello de Monfero xunto co ENDL co-organizan o próximo xoves, día 24 de marzo ás 14.45 h unha charla sobre toponimia para os alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela, o relator será o historiador e aqueólogo Xosé Lois Pedreira.
- O Concello de Santiago presenta o proxecto de toponimia lúdica "Atopando Compostela", un xoog educativo dirixido á educación secundaria co afán de que a rapazada se familiarice cos nomes propios dos lugares do concello en que vive
- O Concello de Narón organiza a actividade As palabras do galego Anímate e participa!
- Concurso de receitas de entroido 2011 EN GALEGO SABE MELLOR do Concello de Oroso. Bases
- Nadal no Concello de Rois (recortable e unidade didáctica)
- O Concello de Ames organiza un concurso de cartas aos reis magos
- O Concello de Narón felicita o Nadal en galego
- O Concello de Oroso convoca o seu concurso de postais de Nadal, con mensaxe en galego. O prazo remata o 15 de decembro.
- Curso de técnicas de expresión oral en lingua galega no Concello de Narón e Concurso de monólogos en lingua galega "Que me dis" Bases.
- Do 4 de maio ao 3 de xuño Programa das Letras no Concello de Carballo
- O Departamento de Lingua do Concello de Santiago organiza unha chea de actividades con motivo do Maio das Letras
- O Servizo de Normalización do Concello de Oroso organiza un concurso de relatos breves con motivo das Letras Galegas 2010. Bases
- O Servizo de Normalización do Concello de Narón convoca un concurso de redacción que se vai desenvolver con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Trátase dun concurso de redaccións nas que se debe reflectir a importancia da celebración do Día das Letras Galegas e a importancia da figura de Uxío Novoneyra para a cultura galega. Estas redaccións deben estar escritas en lingua galega. Para máis información sobre esta actividade normalizadora podedes consultar as bases que se atopan no enderezo electrónico: www.naron.es
- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas organiza unhas Xornadas sobre a historia de Galicia
- Campaña Namórate da lingua! do Concello de Santiago de Compostela
- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña presenta a campaña A nosa compra en galego
- Xornadas sobre a represión lingüística en Ames
- Blog do SNL do Concello de Cerceda
- Campaña Do berce á rúa. Medra coa lingua! do Concello de Narón