|
|
DINAMIZACIÓN
- Exposición gráfica e audiovisual Crónicas da represión lingüística en Galicia desde 1936 nos concellos de Arzúa, Melide e Fisterra, na segunda quincena de maio.
Esta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade a represión implementada no noso país, onde a nosa lingua foi, tamén, un obxectivo dese accionar represivo. |
 |
|
- Edición, xunto con Acuarela Comunicación SLL, do libro A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos. Complemento didáctico para o profesorado e alumnado do segundo ciclo de primaria e primeiro ciclo de secundaria |
 |
|
- Convenio co SNL da UdC para:
Organizar o VI e VII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua
Editar as actas das VII Xornadas Lingua e Usos
Dinamizar as comisións de normalización universitarias con distintas accións normalizadoras
- Convenio co SNL da USC para:
Editar o Léxico Básico de termos do ámbito do Dereito
Campaña de extensión do uso da lingua galega na Facultade de Dereito "O galego é de lei"
- Convenio coa Mesa pola Normación Lingüística para realizar o Correlingua 2010 e a campaña É isto Igualdade?
|


|
|
- III Festa da Lingua o 28 de maio, no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns (Concello de Ames).
Colaboran: Concello de Ames, Concello de Dodro, Concello de Oroso, Concello de Rois, Concello de Santiago, Concello de Teo. Actuarán:
Talía Teatro (María Ordóñez)
Celso Sanmartín
A Banda da Balbina
"Espido" Guadi Galego e Guillermo Fernández
Presenta: Belén Regueira
FOTOS
|

|
|
- Exposición de Historia de Galicia de ANT nos concellos de Teo, Zas, Boiro, Melide, A Coruña e Ferrol. Do 15 de marzo ao 15 de xuño. |
 |
|
- "IV Encontro político técnico de normalización lingüística desde as administracións locais da Coruña" , o 20 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo. |
 |
|
- Celebración do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Obxectivos:
1) Recoñecer as vantaxes de facer investigación na nosa lingua.
2) Homenaxear as figuras de Ramón María Aller (astrónomo de Lalín), James Clerk Maxwell (ecuacións do electromagnetismo) e Afonso X (O Rei das Cantigas e da Escola de Tradutores de Toledo)
Entre outras moitas asociacións e entidades de diversa índole apoiaron esta xornada AGAPEMA, ENCIGA, APETEGA, IGACIENCIA, SGAPEIO, CIG-Ensino, STEG, Nova Escola Galega, AS-PG, Prolingua, Museos Científicos Coruñeses, CGDNL...
|
|
|
- Publicación e distribución polos concellos da provincia da Coruña de AGASALLO.
Un catálogo para incitar á compra de produtos en galego como agasallos de Nadal. Contén produtos en galego de todo tipo e para todas as idades: xoguetes, discos, libros e electrónica. Ademais de promover os produtos culturais e de agasallo en galego promoveremos a música en galego, a literatura galega, o cine en galego ... o ocio en galego, en definitiva. www.agasallo.eu
|
 |
|
- I PREMIO ROSALÍA DE CASTRO A INICIATIVAS NORMALIZADORAS. Bases e modelo de presentación de candidaturas, remata o prazo o 4 de maio. Entrega do premio o 28 de maio. Gañador: BLOGALIZA.ORG |
 |
AXUDAS
Continúa en vigor o convenio cos concellos da provincia da Coruña que solcitaron a subvención para este plan plurianual.
- Bases reguladoras, convenio e solicitude do programa de cooperación cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011
ou no Boletín Oficial da Provincia núm. 223, do 26 de setembro de 2008.
Nova publicación das bases, modificadas, no Boletín Oficial da Provincia núm. 260, do 11 de novembro de 2008
Os concellos que asinaron o convenio: ABEGONDO, AMES, ARANGA, ARZÚA, A BAÑA, BETANZOS, BOIMORTO, BOIRO, CABANA DE BERGANTIÑOS, CARBALLO, CARIÑO, CARNOTA, CARRAL, CEE, CERCEDA, CULLEREDO, DODRO, DUMBRÍA, FISTERRA, MALPICA, MELIDE, MESIA, MIÑO, MONFERO, MUROS, NARON, OLEIROS, OROSO, OUTES, PONTECESO, RIBEIRA, ROIS, SANTA COMBA, SANTISO, TEO, VAL DO DUBRA , VILASANTAR e ZAS.

FORMACIÓN
A) A Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa, puxo en marcha a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos, co obxectivo de potenciar o uso do galego na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos. A campaña inclúe materiais informativos e accións formativas
A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística está a desenvolver a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos.
No marco desta iniciativa fóronlles distribuídos a todos os concellos da provincia da Coruña diversos materiais informativos, co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos de traballadoras e traballadores da administración e cidadás e cidadáns.
Ademais, a campaña inclúe diversas conferencias e diversas accións formativas que os concellos teñen a posibilidade de organizar, tanto dirixidas aos/ás traballadores/as da administración como ao público xeral.
As conferencias e accións formativas que polo momento se inclúen na campaña son as seguintes:
A BAÑA
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 13-16 setembro
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 27-30 setembro
ARES
-Conferencia sobre o galego e o comercio: 11 de maio
ARTEIXO
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 12-15 abril
-Conferencia sobre o galego e o comercio: 14 abril
BOIRO
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: do 19 ao 22 de abril
-Conferencia sobre os dereitos lingüísticos: 22 de abril
MUROS
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 27 e 29 de abril e 4 e 6 de maio
-Conferencia sobre o galego e o comercio: por confirmar data
NARÓN (por confirmar)
-Curso de estratexias para a atención ao público en galego: 24-27 de maio
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 31 maio-3xuño
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 7-10 xuño
-Conferencia sobre os dereitos lingüísticos: 28 abril
PADRÓN
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 19, 20, 21 e 26 de maio
B) Convocatoria de cursos CELGA para 2010

|
|