galego | castellano
Inicio : Cultura

Premios

Ao longo de todo o ano, a Deputación da Coruña convoca unha serie de premios dirixidos, principalmente, a aquelas persoas con inquietudes artísticas en varias disciplinas: ensaio, literatura, poesía, fotografía... Esta páxina pretende publicar estas convocatorias así como os fallos do xurado e as obras gañadoras nas distintas edicións de cada un dos premios. 

  • Premio de Lingua Rosalía de Castro
    Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o Premio "Rosalía de Castro"
  • Concurso de rock "Deputación da Coruña"
    Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o Concurso de Rock "Deputación da Coruña"
  • Premio de banda deseñada "Castelao"
    Tendo en conta o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia a Deputación da Coruña convoca o Premio de banda deseñada "Castelao"
  • Premio de teatro "Rafael Dieste"
    Coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, por ser unha das formas artísticas de maior incidencia social e en lembranza do xenial autor rianxeiro, a Deputación Provincial da Coruña convoca o Premio de Teatro "Rafael Dieste"
  • Certame de artes plásticas "Isaac Díaz Pardo"
    A Deputación da Coruña ven potenciando a produción artística na nosa provincia, polo que como homenaxe a un nome que suxire a creatividade e a contemporaneidade de Galicia, convócase o Certame de artes plásticas "Isaac Díaz Pardo"
  • Premio internacional de arte gráfico "Jesús Núñez"
    Na liña de apoio á creación artística, que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, en recoñecemento á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, a Deputación da Coruña convoca o "Premio Internacional de arte gráfica Jesús Núñez"
  • Premio composición musical "Andrés Gaos"
    Coa finalidade de recoñecer o nome de tan insigne músico e compositor coruñés e acrecentar a gran tradición musical da nosa provincia, a Deputación da Coruña convoca o Premio de Composición Musical "Andrés Gaos"
  • Premio de narrativa "Torrente Ballester"
    Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e creativa que caracteriza aos nosos escritores, así como de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester , a Deputación provincial da Coruña, convoca o Premio de Narrativa "Torrente Ballester"
  • Premio de creación fotográfica "Luis Ksado"
    Este premio non se convoca en 2013.
    Tendo en conta a significación especial que, para a difusión das artes da imaxe e, especialmente da a fotografía, posúe, desde hai tempo. a nosa provincia, e para contribuír á conservación da memoria de personaxes tan representativos neste campo como o foi Luís Ksado, a Deputación da Coruña convoca o Premio de creación fotográfica "Luís Ksado"
  • Premio de literatura infantil e xuvenil "Raíña lupa"
    Coa ansia de fomentar a creatividade fabuladora dirixida ao mundo dos nenos e, ao mesmo tempo, facer memoria deste personaxe da lenda e dos contos populares en relación coas terras de Compostela, convócase o Premio de literatura infentil e xuvenil "Raíña Lupa"
  • Premio de artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
    Este premio non se convoca no 2013. En consideración á gran importancia que para o desenvolvemento da cultura dun pobo ten a atención a aquelas manifestacións artísticas que forman parte da súa propia esencia, a Deputación da Coruña convoca o Certame de artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Premio de ensaio "Manuel Murguía"
    Asumindo a significación que, no seu tempo, tivo Manuel Murguía como un intelectual preocupado por difundir e dignificar a cultura de Galicia, convócase o Premio de Ensaio "Manuel Murguía" adicado ás ciencias históricas