Oficina Virtual Tributaria (OVT)
Os servizos tributarios da Deputación teñen un sistema de
información que está preparado para que os contribuíntes realicen as
súas xestións tributarias mediante Internet de forma segura, o que
simplifica o cumplimento das obrigas fiscais e ofrece novos servizos ao
cidadán.
A posibilidade de utilización da OVT a teñen os
contribuíntes dos tributos e prezos públicos que xestione e recade a
Deputación por ser tributos ou prezos públicos da mesma ou dos
Concellos que lle teñan delegado formalmente a dita xestión e
recadación.
Para o acceso á oficina virtual tributaria, poderán empregarse
as seguintes vías por parte do contribuínte, sempre e cando dispoña dos
instrumentos correspondentes que se precisan en cada caso para
facilitar o acceso:
1) DNI electrónico. (Deberá dispor de DNI electrónico e
coñecer a clave para utilizar os certificados do mesmo)
2) Certificación dixital da FNMT. (Deberá ser titular da
certificación dixital en vigor da Fabrica Nacional de Moneda y Timbre).
3) Servizos de Banca Electrónica daquelas Entidades
Colaboradoras que asinen o correspondente convenio da Oficina Virtual
Tributaria coa Deputación da Coruña. (Deberá ser cliente ou contratar,
se non o fose xa, os Servizos de Banca Electrónica dalgunha Entidade
Financeira Colaboradora que teña asinado dito convenio).
O convenio marco para a posta en marcha do funcionamento da Oficina
Virtual Tributaria nos Servizos de Banca Electrónica garante o
cumprimento rigoroso da legalidade en materia de privacidade e
protección de datos, informándoselle ao usuario da posible
incorporación dos seus datos a ficheiros automatizados, tratamento a
que van ser sometidos, finalidade para a que son recollidos e tratados,
e demais circunstancias legalmente esixibles.
Unha vez identificado o contribuínte de forma segura, por
calquera dos medios que se indican, permíteselles acceder en tempo real
a consultar ou realizar as seguintes operacións:
1) A súa información ou conta tributaria sin esixir unha
segunda acreditación.
2) Os seus valores en voluntaria, executiva ou os que estén incluidos
nun expediente de prema.
3) Os seus expedientes de xestión.
4) Os seus bens que constituen obxectos tributarios (Inmobles,
Vehículos...etc.).
5) Localización na cartografía oficial do Catastro.
6) Domiciliación dos seus recibos.
7) Alta de autoliquidación de Vehículos.
8) Pago dos seus recibos.
9) Modificación ou ampliación de alguns dos seus datos persoais
(enderezo, data de nacimento, teléfonos fixo e móbil, fax, correo
electrónico..etc.).
10) Consulta de recibos anulados.
11) Xustificante de recibos pagados.
12) Impresión de documentos cobratorios.
Demostración OVT
Para acceder á OVT polo medio que se considere se deberá
seleccionar da forma seguinte:
-
Diputación
Provincial da Coruña
Acceso ás xestións tributarias da oficina virtual mediante DNI electrónico ou certificación dixital da FNMT.
Pódense realizar por esta vía todas as consultas previstas na Oficina Virtual Tributaria, a excepción do pago dos recibos e liquidacións que transitoriamente só se poderán efectuar polos portais financeiros das entidades colaboradoras abaixo indicadas.
Entrar
na Oficina Virtual
-
Caixa
Galicia (Caixa Activa)
Unha vez iniciada a sesión en Caixa Activa, seleccione " Recibos
y tributos" no menú da esquerda, logo "Oficina
virtual tributaria" na parte central da páxina.
Nota: Para un correcto funcionamiento é
aconsellábel incluir "https://seguro.gtt.es e
https://activa.caixagalicia.es" nos Sitios de Confianza do navegador.
(Internet Explorer: "Opciones de Internet" -> pestana
"Seguridad" -> seleccionar "Sitios de confianza" ->
premer en "Sitios" e agregar as direccións indicadas)
Entrar na
Oficina Virtual de CAIXA GALICIA (Caixa Activa)
-
|